A rapazada de 5º A e 5º B estivo preparando na materia de Proxecto Competencial uns vídeos do "Dígocho eu".
Empezamos amosándovos o primeiro capítulo sobre a praia, protagonizado por Noa e Xinrui. Esperamos que vos guste. Axiña subiremos máis!
A rapazada de 5º A e 5º B estivo preparando na materia de Proxecto Competencial uns vídeos do "Dígocho eu".
Empezamos amosándovos o primeiro capítulo sobre a praia, protagonizado por Noa e Xinrui. Esperamos que vos guste. Axiña subiremos máis!
Esta semana os rapaces e rapazas de 4° de E.P. desfrutaron dun obradoiro de monicreques.
Mirade que ben o fixeron!
O ano pasado a rapazada de 6° de E.P. foi á TVG e participou nun programa de experimentos chamado "Pim-Pam experimenta".
Aquí tedes a participación de 6° A.
Picade na imaxe para ver o ben que o fixeron!
Aquí tedes as últimas novidades que xa temos na biblio. Podedes atopar, entre outras historias, as novas aventuras de Perrock Holmes ou da señorita Bubblé. Tamén tedes moitas lecturas en lingua galega e varios cómics.
Este ano imos facer un acto en colaboración cos rapaces e rapazas do instituto para conmemorar o Día da muller trabaladora. Para iso reunirémonos todos na praza Castelao o venres 8 de marzo.
Levaremos un mandil que colocaremos a xeito de capa e cantaremos "Nais e avoas" da cantante Pauliña.
Aquí abaixo tedes o enlace á canción e a letra para que vaiades practicando
E esta é a actividade que imos realizar no cole.Ola a tod@s!
A ANPA do Castelao necesita un logo! Animádevos a participar no concurso!
Aquí tedes toda a información
Aquí tedes unha mostra do ben que o pasaron as familias no obradoiro do venres pasado.
Grazas profe Tere por esta actividade!
Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos o Día da Paz.
Como tódolos anos xuntámonos todo o cole no porche de infantil para realizar un acto.
Un grupo de rapaces de 6° A e 6° B leron un manifesto e amosáronnos tamén unha presentación. Para rematar cantamos a canción Paz, paz, paz de Juanes.
Esta semana os rapaces e rapazas de 5° e 6° recibiron unhas charlas da campaña "Come local" na que está participando o colexio.
Esta semana tivemos uns obradoiros sobre enerxía a cargo da Fundación Naturgy nos que participou todo o alumnado en diferentes quendas.
Aquí tedes unha pequena mostra dalgunhas das actividades que realizaron.
Aquí tedes algunhas das novidades que temos na biblio. Xa sabedes que podedes vir nos recreos facer préstamos e devolucións e tamén polas tardes de 4 a 6.
Durante este mes de novembro a rapazada de 4° explicáronlles aos compañeiros de 1° e 2° varios experimentos. Fixérono xenial!
Esta é a exposición que organizamos na biblioteca para conmemorar o 25 N, ademais de ofrecer diferentes materiais para realizar nas aulas.
Ademais, hoxe conmemoramos este día cun acto no porche de infantil. Ao rematar cantamos todos xuntos La puerta violeta de Rozalén.
Estas son algunhas actividades que realizaron as diferentes aulas.
Como ben sabedes, en novembro celebramos o Mes da Ciencia en galego.
Imos facer uns obradoiros na biblio, xa veredes que ven o imos pasar